NALINGUA, lecturas dun neofalante

NALINGUA, lecturas dun neofalante

Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA... O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID. Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...! Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Laboratorio de Radio Arts 7 rész
NALINGUA 5: Memorias dun neno labrego
7 perc 1. évad 5. rész
Desde que cheguei a Galicia souben que un libro que tiña que ler era 'Memorias dun neno labrego'. Polo que teño entendido, o libro máis lido e traducido da literatura galega. Para min, o mellor xeito de entender Galicia e a súa xente. E todo da man e voz dun rapaz especial, dun tal Balbino, dun tal Xosé Neira Vilas. Sergio. Un rapaz de cidade: Valladolid. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, neofalante. Veña, comeza NALINGUA! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. D´aquí vexo os seus campos, Melodia Gallega, de Ignacio Tabuyo (1911). Campás Chamando Á Misa En San Simón, Consello da Cultura Galega.
NALINGUA 4: Luns
6 perc 1. évad 4. rész
Hai libros fastidiados. Que doen durante a lectura e que te deixan tocado. Luns de Eli Ri?os e? un deses. Percorremos coa súa protagonista, Nerea, un día a día cheo de arrecendos, sentimentos e sensacións que fan desta novela unha experiencia sensorial inmersiva. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Downhouse Duo ft. DU e Mmmmmmacbeth por Kosta T
NALINGUA 3: Anagnórise
6 perc 1. évad 3. rész
Se a literatura por unha banda e o podcast por outra son un xeito de viaxar, hoxe, en NALINGUA, viaxamos a esgalla... 'Anagnórise', de María Victoria Moreno, é unha desas obras que vai directa ao corazón. Acompañamos ao prota, Nicolau, nunha travesía pola adolescencia e todos os seus problemas. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Bloom, de Jahzzar (CC BY-SA 4.0)
NALINGUA 2: A Esmorga
6 perc 1. évad 2. rész
'A Esmorga' é unha das grandes obras da literatura galega. Eduardo Blanco Amor narra a tráxica troula de Cibrán, Bocas e Milhomes; tres inadaptados que percorren as rúas de Auria cun triste final. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea. Nos caneiros, Alalá de Ourense, Coral de Ruada de Ourense (1945). L'Etoile danse Pt 2, de Meydn (CC by 4.0).
NALINGUA 1: O misterio dos fillos de Lúa
5 perc 1. évad 1. rész
'O misterio dos fillos de Lúa', de Fina Casalderrey, é unha das grandes obras da Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX). Alén dos premios, Premio Nacional de Literatura Infantil e Premio Barco de Vapor, este libro marcou un fito na mocidade da época. En poucas palabras: un clásico. Comeza...NALINGUA, lecturas dun neofalante! Un podcast de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregadas: Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Nalingua orixinal, de David Brea.
Ola! NALINGUA: Episodio 0
2 perc 1. évad 1. rész
Ola, son Sergio Pascual, xornalista, BLA, BLA, BLA... O que pode que che interese máis é que son de VALLADOLID. Si. E gústame o GALEGO. Un neofalante. A miña idea é dar un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega (A Esmorga, Anagnórise, Memorias dun neno labrego, etc.), desde unha ollada amena, relaxada e actual. Ollo! Neste podcast escoitarás pronomes mal colocados, problemas na pronuncia do n velar e máis. Xa sabes, cousas da meseta...! Un proxecto de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Músicas empregradas baixo licenza CC BY: Forro, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual. Backed Vibes Clean, de Kevin MacLeod Little Lily Swing, de Tri-Tachyon
Carvalho Calero: Compromiso e Resistencia por Laboratorio de Radio Letras Galegas 2020
21 perc 7. rész
Achegarse á figura de Ricardo Carvalho Calero é bater coa incredulidade. É difícil crer que un persoeiro tan senlleiro, fora condeado durante moito tempo a unha sombra que deixou a escuras achegas fundametais en tantos eidos. Se Carvalho Calero non existise, habería que inventalo mais inventar a un polígrafo non é unha tarefa sinxela. Un documental sonoro de Laboratorio de Radio para celebrar o Día das Letras Galegas 2020
Speed:
Access and control your IntoRadio Cast compatibility devices on your local network!
You need to install a browser extension!
Chrome web store